NCG banco denuncia polo penal a estafad@s polo calote das preferentes

A entidade financeira opta por denunciar a afectad@s por supostas coaccións e ameazas a empregados e anuncia que rexeitará que estes poidan acceder á vía da arbitraxe
Preferentes diante da Deputación de Pontevedra

Novagalicia banco vén de encetar unha política de denuncias pola vía do penal contra aqueles e aquelas estafad@s polas prefrentes que, no transcurso das mobilizacións deste colectivo, terían presuntamente denunciado ou coaccionado a empregad@s da entidade financeira. Alén disto, o banco afirma que esas persoas denunciadas serán afastadas da vía de arbitraxe como solución. Este tipo de situacións céntrase na comarca de Compostela.

Desde as plataformas de afectad@s califican de "chantaxe emocional" esta medida, aseverando que a mesma persegue calar e desmobilizar aos afectados e afectadas. Alén disto, apuntan a que os actos e mobilizacións de protesta sempre foron "respetuosas" e instaron á entidade financeira a recuar nestas denuncias.

O canxe das preferentes de NCG banco comezará en breve e prolongarase até finais de febreiro. Unhas semanas nas que @s estafad@s poderán recuperar o 60% do investido, pois o 40% rescate é a quita imposta por Bruxelas para pagar o custo do rescate da entidade.

Comentarios