As licenzas para construción de novos edificios caen 16% na Galiza en abril

Estas licenzas darán lugar á creación de 186 novas vivendas, o que se traduce tamén en case 17% de baixada en comparación con abril de 2022.
Vivendas en construción (Foto: Arxina).
photo_camera Vivendas en construción (Foto: Arxina).

Un total de 148 licenzas para as construción de novos edificios foron concedidas na Galiza no mes de abril, o que supón 16% menos que un ano antes, segundo os datos que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) esta segunda feira.

Así, estas licenzas darán lugar á creación de 186 novas vivendas, o que se traduce tamén en case 17% de baixada en comparación con abril de 2022.

Edificacións xa existentes

Pola súa parte, sobre edificacións xa existentes concedéronse licenzas para 147 obras de rehabilitación, de forma que aumentan un 18,5% na comparativa interanual.

No tocante ás demolicións de edificios, o mes de abril deixa 22 na Galiza, tres menos que 12 meses antes.

As vivendas demolidas foron 25, case o dobre que un ano antes.

Comentarios