A Galiza superou en abril os niveis prepandemia de persoas viaxeiras e pernoctacións extrahoteleiras

Estes datos superaron amplamente tanto as cifras do mesmo mes de 2021 como de 2019, último ano antes de que a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarase o comezo da pandemia.
Albergue de peregrinos no concello de Portomarín. (Foto: Carlos Castro/Europa Press)
photo_camera Albergue de peregrinos no concello de Portomarín. (Foto: Carlos Castro/Europa Press)

A Galiza rexistrou en abril un total de 120.738 viaxeiros, que realizaron 179.296 pernoitas en estabelecementos extrahoteleiros (apartamentos, casas rurais, albergues e  campings).

Estes datos superaron amplamente tanto as cifras do mesmo mes de 2021 como de 2019, último ano antes de que a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarase o comezo da pandemia.

Segundo a información publicada polo Instituto Nacional de Estatística (INE), as cifras de ocupación en albergues supuxeron 83.263 viaxeiros, 69% do total de extrahoteleiros, e 85.288 pernoitas, case a metade do total.

Con todo, o INE apunta que non se poden comparar estes datos de albergues cos de anos pasados, ao non usarse valores similares. 

Apartamentos turísiticos

Pola súa parte, tanto apartamentos turísticos (41.667 pernoitas e 18.442 viaxeiros) como campings (20.536 pernoitas e 8.940 viaxeiros) creceron en abril de 2022 con respecto aos niveis prepandemia.

Se se comparan con 2021, cando a pandemia aínda estaba nun punto álxido, o aumento de persoas viaxeiras e pernoctacións en 2022 foi entre tres e catro veces maior.

Só os datos rexistrados en casas rurais é menor respecto a antes do comezo da pandemia de coronavirus.

 Os viaxeiros de abril de 2022 (19.093) foron lixeiramente inferiores aos de 2019 (19.567), ao tempo que tamén se produciron menos pernoitas este ano (31.825) que tres anos antes (34.363).

Comentarios