ECONOMÍA

Galiza perdeu unha media de dous empregados públicos cada día durante a crise

Galiza perdeu unha media de dous empregados públicos cada día durante a crise

DE 2009 a 2015 recortouse o persoal ao servizo das administracións no territorio galego en máis de 5.300 persoas. Menos traballadores en ensino, sanidade, xustiza...

A comezos do 2009, cando a crise aínda non comezara ensinar as gadoupas, había en Galiza un total de 154.995 persoas ao servizo das diferentes administracións con presenza no noso país. En 2015, esa cifra era inferior ás 150.000 persoas, 149.648, segundo os dados do Instituto Galego de Estatística. Entre medias, 5.347 postos de traballo perdidos. Algo que afectou a todas as administracións (galega, estatal, local). Unha media, en total, de dous traballadores públicos menos por cada día de crise.

No que atinxe ao persoal ao servizo da 'Comunidade autónoma de Galiza' estamos a falar de que se pasou de 89.299 traballadores en 2009 a 96.382 en 2015, o que supón case 3.000 empregos menos, en concreto, 2.917. Un recorte que se deixou sentir en sectores como a xustiza, a sanidade ou a educación, así como ao persoal das consellarías e os seus organismos autónomos. A administración local, de por parte, tiña a comezos da crise 31.563 traballadores en Galiza. Sete anos despois, son 27.553, por volta de 3.000 traballadores menos. 

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios