Fruga alerta da falta de pagamentos no sector de vacún de carne

A Federación advirte que a situación “pon en risco” a viabilidade de non poucas explotacións de carne.

rural

Son numerosos os gandeiros de vacún de carne que están a día de hoxe sofren a falta de pagamentos e que están sen que se lles paguen os seus xatos. Esta é a denuncia da Fruga, Federación rural galega, que di a día de hoxe hai produtores aos que se lle adebedan máis de 5.000 euros.

Os ingresos destas ganderías proceden de dous conceptos, por un lado as axudas PAC, tanto subvencións directas como axudas agroambientales, e por outra banda o ingreso principal segue a ser a venda de xatos. “Temos constancia de que existen algún matadoiro que a nestes momentos ten cantidades considerables sen pagar”..

A Federación considera que esta situación “pon en risco a viabilidade de moitas explotacións de vacún de carne, principalmente nas comarcas onde a produción a procurar solucións.

Comentarios