Denuncian que Lactalis retén ilegalmente 3,2 millóns de euros aos gandeiros proveedores

UUAA afirma que a industria está a ficar con diñeiro que lle dá a distribución a maiores para que o traslade ás explotacións.

leite

Desde o pasado mes de decembro as cadeas de distribución aumentou os pagamentos ás industrias polas marcas brancas do leite, un aumento que estas, as industrias, terían que repercutir nos seus proveedores, as explotacións e gandeiros galegos. Foi unha medida que adoptou a distribución após as vagas de mobilizacións dos gandeiros, afogados polos baixos prezos. Unións Agrarias vén de denunciar que unha desas industrias, e non precisamente pequena, Lactalis, bloquea máis de 3 millóns de euros que lle corresponden aos gandeiros, cartos que proveñen deses pagamentos da distribución.

UUAA xa trasladou os feitos á administración e agora sopesa posíbeis medidas e actuacións. Non desbota a vía xudicial nin pedir á distribución que presione Lactalis para que pague ás explotacións eses cartos.

“3.000 gandeiros cobrando o leite por baixo dos 24 céntimos”

“Temos arredor de 3.000 gandeiros cobrando o leite por baixo dos 24 céntimos, unha situación que se debe en parte ás penalizacións por volume que aplican as industrias”, denuncian desde esta asociación, que considera que xa é hora de que as administracións actúen con contudencia.

Comentarios