Compartir casa na Galiza custa 56% máis hoxe que en 2015

Se se comparan os prezos de 2023 cos de 2015 (hai 8 anos), a diferenza dispárase: pásase dos 187 euros por mes de agosto de 2015 aos 292 euros ao mes de agosto de 2023.
Vista dun edificio de vivendas en Ourense (Foto: Agostime / Europa Press).
photo_camera Vista dun edificio de vivendas en Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press)

Compartir unha vivenda na Galiza custa como media 292 euros ao mes, é dicir, 50,6% máis que hai 5 anos e 56,3% máis respecto a hai oito, segundo o estudo de 'Vivendas compartidas no Estado en 2023' baseado nos prezos da vivenda en alugueiro do mes de agosto dos últimos oito anos do Índice Inmobiliario Fotocasa.

Se se comparan os prezos de 2023 cos de 2015 (hai 8 anos), a diferenza dispárase: pásase dos 187 euros por mes de agosto de 2015 aos 292 euros ao mes de agosto de 2023.

A orde de territorios do Estado que se viron afectados polo incremento do aluguer  os cuartos en 2023 é: Canarias con 28,6%, Euskadi con 12,2%, Catalunya con 9,6%, país Valencià con 8,1%, Madrid con 5,8%, Andalucía con 3,4%, Aragón con 2% e Castela-A Mancha con 0,4%.

En canto aos prezos, son seis os territorios cun prezo por encima dos 400 euros ao mes en agosto de 2023 e son: Catalunya con 565 euros por mes, Madrid con 502 euros por mes, Nafarroa con 476 euros ao mes, Balears con 474 euros ao mes, Euskadi con 464 euros ao mes e Canarias con 423 euros ao mes.

Vivenda de segunda man

O prezo da vivenda de segunda man subiu na Galiza 0,1% en variación mensual e un 4,2% na súa variación interanual en agosto, situando o seu prezo en 1.697 euros o metro cadrado, segundo os datos de Fotocasa.

O prezo medio da vivenda de segunda man sobe en até 79% dos 38 municipios con variación interanual analizados polo índice inmobiliario. En tres deles sobe o valor interanual da vivenda por riba de 20% e son Foz, con 26,3%; Oleiros, con 24,7%, e Cee, con 22,5%. Por outra parte, os dous municipios cos maiores descensos son Betanzos, con -12,4%, e Culleredo, con -7,7%.

Comentarios