mércores 19.02.2020

O Clube Financeiro da Coruña presenta concurso de acredores

A entidade presidida por Mariano Gómez-Ulla presenta concurso de acredores pero segue a funcionar con normalidade.
Mariano Gómez-Ulla, presidente do Clube Financeiro Atlántico.
Mariano Gómez-Ulla, presidente do Clube Financeiro Atlántico.

De momento nada vai mudar. O Clube Financeiro Atlántico da Coruña, que esta segunda feira vén de anunciar a solicitude do concurso voluntario de acredores ante o Xulgado do Mercantil da Coruña, ten previsto manter a súa programación nas vindeiras semanas. 

A organización, á que pertencen máis de 300 empresarios, vai seguir funcionando con normalidade, segundo confirmaron fontes do propio Clube. 

A decisión de instar o concurso  débese, segundo traslada a institución nun comunicado, a que "as circunstancias que foron concorrendo ao longo das últimas semanas obrigaron a adoitar tal decisión de acudir ao concurso de acredores, en cumprimento da normativa vixente e no interese dos intereses da entidade, socios, traballadores e terceiros".

Tamén indican que, unha vez iniciado o procedemento concursal, que dirixe o bufete coruñés Caruncho, Tomé & Judel, e á medida que avance a súa tramitación, o Clube Financeiro Atlántico proporcionará máis información sobre os detalles e a evolución do mesmo. 

comentarios