A cidadanía galega perdeu 5,3% de poder adquisitivo en 2022 por causa do IPC

No período 2017-2022 o poder de compra do salario galego caeu 1,2%.
O peso relativo dos retribucións percibidas polas persoas asalariadas galegas sobre o PIB do país no ano 2021 foi de 46,2%. (Foto: Guillermo).
photo_camera O peso relativo dos retribucións percibidas polas persoas asalariadas galegas sobre o PIB do país no ano 2021 foi de 46,2% (Foto: Guillermo).

O salario medio galego subiu 3,2% en 2022 en relación ao ano anterior, até situarse en 1.672 euros. Con todo, perdeu poder adquisitivo, en concreto 5,3%, pola inflación, segundo un estudo de Adecco. En comparación coa media estatal, de 1.822 euros, o salario medio na Galiza é 8,2% máis baixo.

A subida de 3,2% con respecto ao ano anterior equivale a unha ganancia de 628 euros ao ano e é inferior á do conxunto do Esatdo, de 4% con respecto a 2021.

Se se desconta a variación dos prezos ao consumo, en 2022, de media, o incremento do Ídicie de Prezos de Consumo (IPC) na Galiza foi de 9% con respecto ao ano anterior. Esta subida supuxo unha perda de 5,3% no poder adquisitivo do salario galego, que se traduce en 1.031 euros menos ao ano. Esta perda é maior que a do conxunto do Estado (-4%).

No período 2017-2022 o poder de compra do salario galego caeu 1,2% (-2,5% estatal).

Construción, servizos e industria

Por sectores, en 2022 subiu o salario medio para os tres sectores principais no país: a construción presenta o maior incremento cun aumento de 3,7%, seguido de servizos con 3,3% máis e a industria cun incremento de 3,1%.

A pesar destas cifras, os tres sectores exhibiron unha retribución media inferior á respectiva media sectorial do conxunto do Estado. A maior diferenza é para servizos (1.622 euros), que é 9,4% inferior á media do sector (1.790 euros). Esta diferenza supón 168 euros menos ao mes ou 2.013 euros menos ao ano na rexión.

Ao analizar a remuneración media dos distintos sectores da economía en base á súa poder de compra real entre 2017 e 2022, o salario medio na industria galega perdeu 2,8% en termos reais (xa que o seu aumento foi inferior ao crecemento dos prezos ao consumo). É unha perda do poder de compra 3,4 puntos porcentuais por baixo da deterioración do salario medio industrial estatal, que perdeu 6,3%.

En cambio, a construción gaña 2,6% de poder adquisitivo, que contrasta coa perda estatal do sector (-4,4%). Por último, servizos perde 1%, tamén por baixo da media do sector que cae un 1,4%.

Comentarios