O cerco volveu á rúa para demandar de novo cotas xustas

A situación segue como en 2012, denuncian desde o sector, e insisten nos prexuízos do actual reparto.

Cerco Imaxe TVG
photo_camera Imaxe: TVG

Máis unha vez o sector do cerco volveu á rúa e máis unha vez para pedir un reparto xusto das cotas, unha demanda que manteñen desde o 2012 a través de mobilizacións e protestos diversos. Desta vez, na mobilización en Compostela tomaron parte armadores e mariñeiros de Acerga e da Plataforma de Mulleres do Cerco, que realizaron tramos do Camiño de Santiago para apoiar a reivindicación.

Desde Acerga insisten en que o reparto actual segue a prexudicar a gran parte da frota galega, e critican que a Xunta se sume agora a presentar un recuerso sobre os topes de capturas ante Bruxelas cando gobernan desde 2009 “sen facer nada” ao respeito.

“Por un reparto xusto de cotas para todos” era o lema que figuraba na faixa da mobilización e que plasmaba a demanda dos asistentes. Para Acerga un reparto no que se primen os históricos de capturas supón un gran prexuízo para gran parte da frota cerqueira de Galiza. 

Comentarios