Canto gastou cada persoa galega de media no Nadal?

De entre os consumidores que afirmaron que o seu gasto foi menor que no nadal anterior, 8 de cada 10 deles atribuíuno ao impacto da inflación na súa economía.
Decenas de persoas asisten, o 24 de novembro de 2023, en Vigo ao inicio do alumeado de Nadal. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)
photo_camera Decenas de persoas asisten, o 24 de novembro de 2023, en Vigo ao inicio do alumeado de Nadal. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press)

Os consumidores galegos reduciron o seu gasto na pasada época do Nadal en 6%, até situarse o desembolso medio en 485 euros, fronte aos 518 euros da anterior época natalicia, segundo o Observatorio Cetelem, que fixo públicos os datos esta sexta feira.

Segundo o estudo, realizado a partir de mil enquisas en liña en todo o Estado, 34% dos consumidores que participaron afirma realizar un menor desembolso respecto ao nadal do ano anterior. Pola súa parte, 42% asegura gastar o mesmo e outro 24% sostén que aumentou o seu consumo na pasada época do Nadal.

Por tipo de compra, en agasallos 24% dos enquisados realizou un maior desembolso que en 2022, mentres que 37% mantivo o seu gasto e 39% reduciuno. Pola súa parte, na compra para as reunións familiares, 20% aumentou o seu desembolso, fronte a 47% que o mantivo e 33% que o reduciu.

Impacto da inflación

De entre os consumidores que afirmaron que o seu gasto foi menor que no nadal anterior, 8 de cada 10 deles atribuírono ao impacto da inflación na súa economía. Os produtos que máis compraron os galegos o último Nadal foron, segundo este estudo, moda, con 54% das mencións; perfumes, con 47%; e calzado e complementos, con 37%.

Comentarios