Bruxelas descontará 65.000 toneladas de xarda, un duro golpe para a frota galega

A Comisión europea recortará 65.000 toneladas de xarda á frota do estado español en vindeiras campañas. Decisión motivada, sinalan desde Bruxelas, por multiplicar por catro o tope permitido de captura desta especie en 2009. Un anuncio que pon contra as cordas o sector do mar galego
xarda
photo_camera xarda

A Comisión europea vén de tirar cartón vermello ao estado español no lombo da frota pesqueira. Bruxelas acordou cortar 65.000 toneladas de xarda á frota do estado español en vindeiras campañas. Decisión motivada, sinalan desde Bruxelas, por multiplicar por catro o tope permitido de captura desta especie en 2009. Naquel exercicio pesáronse 105.000 toneladas deste peixe cando o máximo permitido non chegaba as 30.000. 

A decisión da UE concretizarase en que vai cortar en 100 toneladas a cota de xarda ou rincha para o Estado español nos anos de 2013 a 2015, para alén de quitar 5.544 toneladas cada ano entre 2016 e 2022; o castigo sobre a pesca desta especie concluirá en 2023 cunha rebaixa de 269 toneladas.

 E tamén bocareu

Alén disto, a frota do estado español perderá 3.696 toneladas de bocareu entre 2016 e 2022 e outras 180 toneladas do mesmo recurso en 2023 para terminar de cumprir coa sanción pola sobrepesca de xarda.

Cómpre lembrar que a flota arrastreira galega de litoral protagonizou unha folga por mor, precisamente, da xarda. Barcos amarrados a porto durante varias xornadas para protestaren pola escasa cota de xarda fixada.

Comentarios