domingo 07.06.2020

Balón de osíxeno do Goberno español a Alcoa, que poderá seguir operando

O Ministerio de Industria abre as portas a que as industrias electrointensivas poidan seguir operando e a manter o comercio internacional.
Unha máquina do proceso de electrolisis na fábrica de Alcoa en San Cibrao (Carlos Castro / Europa Press).
Unha máquina do proceso de electrolisis na fábrica de Alcoa en San Cibrao (Carlos Castro / Europa Press).

A planta da multinacional Alcoa, no Concello de Cervo, non terá que parar a súa actividade. O Goberno español vén de publicar unha nota para a industria sobre a aplicación do Real Decreto polo que se regula un permiso retribuído recuperábel para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais na que aclara que as empresas nas que unha parada prolongada cause danos que "imposibiliten ou dificulten a súa nova posta en produción" poderán manter unha "actividade mínima imprescindíbel".

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo tamén apunta que dentro das novas restricións de ocupacións impostas para conter o contaxio por coronavirus que poden manter o seu labor as actividades de importación e exportación de todo tipo de produtos, bens e materiais, "na medida en que se configuran como clave do abastecemento ou do cumprimento de compromisos de contratos internacionais".

Deste xeito, empresas como Megasa, Celsa, Alcoa ou Alu Ibérica poderán continuar coa súa actividade co gallo de garantir a reactivación dos procesos unha vez finalicen as medidas de confinamento. 

comentarios