A auga empeza a cotizar na bolsa de Wall Street

Este tipo de contratos de futuros non requiren entrega física de auga e son só financeiros e sobre o dereito de uso dun recurso cada vez máis escaso. 

wall-street nova york bolsa eonomía
photo_camera Bolsa de N.Y (Foto: NYC)

A auga comezou a cotizar no mercado de futuros de materias primas de Wall Street pola escaseza deste ben e cuxo prezo  fluctuará agora como o fai o petróleo, o ouro ou o trigo.

O índice  Nasdaq Veles California Water baséase nun indicador de prezos da futuros da auga en California que cotizaba a 486,53 dólares por  acre-pé, medida de volume utilizada en Estados Unidos equivalente a 1.233 metros cúbicos.

O prezo da auga en  California duplicouse no último ano segundo este indicador e coa maior escaseza. Agricultores, fondos ou concellos poderán protexerse ou especular por cambios no prezo.

Segundo a ONU 2.000 millóns de persoas viven en países con graves problemas de acceso á auga, mentres que nos próximos anos dous terzos do planeta poderían experimentar escaseza de auga

Aínda que o índice está baseado nos prezos das principais concas fluviais de California, onde aumenta a escaseza, este valor poderá ser usado como referente mundial.

Estes contratos de futuros non requiren entrega física de auga e son só financeiros, baseados no prezo semanal das cinco principais bacías de  California até 2022.

China e Estados Unidos son os principais consumidores do mundo de auga e segundo a Organización das Nacións Unidas (ONU), 2.000 millóns de persoas viven en países con graves problemas de acceso á auga, mentres que nos próximos anos dous terzos do planeta poderían experimentar escaseza de auga.

En gran parte dos estados do mundo a auga é considerada un ben de dominio público, se ben existen concesións e licencias sobre o dereito de uso da auga. Isto, o dereito de uso, é o que chega a Wall Street e que xa advirten que o “negocio” con este ben ou recurso vai agravar aínda máis a situación.

Comentarios