A Audiencia Nacional anula o convenio colectivo de Navantia

A sala do Social da AN considera que a empresa naval pública vulnerou artigos do Estatuto dos Traballadores. A decisión responde á demanda presentada pola CIG e CCOO.

Mobilización de Navantia
photo_camera Mobilización de Navantia

A Audiencia Nacional anula o convenio colectivo de Navantia, que fora aprobado en setembro de 2014 por integrantes do Comité Intercentros da empresa naval pública nunha polémica decisión pois algúns dos integrantes foran desautorizados polos sindicatos que tiñan que representar.

A raíz diso desde CIG e CCOO presentáronse demandas na Delegación do Goberno en Galiza. Demandas que están na base da anulación do convenio após se realizar a mediados de febreiro o xuízo na Audiencia Nacional. A resolución fixa que esta decisión pode recorrese nos 5 días naturais desde a notificación da sentencia. A AN considera que se vulnerou o artigo 63.3 do Estatuto dos Traballadores. O cadro de persoal destes estaleiros amosaron en varias ocasións nestes meses o seu rexeitamento do convenio asinado en setembro, principalmente por entender que implicaba un serio recorte de dereitos.

A dirección de Navantia xa anunciou que vai recorrer a decisión da Audiencia Nacional e nega que houber o que cualifica de “inxerencia sindical”.

Comentarios