Queren que a Xunta se molle e axude a procurar solucións para Vulcano

Os representantes da CIG e da UGT no comité de empresa do estaleiro vigués piden unha reunión urxente co conselleiro de Industria. Vulcano encadea o seu décimo cuarto ERE

Estaleiro, naval

CIG e UGT solicitaron unha reunión co conselleiro de Industria ante “a gravidade da situación que vive Vulcano” como consecuencia da falta de carga de traballo e que obrigou a encadear máis dunha ducia de ERE. O último presentado pola compañía viguesa remate este mesmo mes. O cadro de persoal do estalleiro non sobrepasa na actuañlidade os 90 operarios, cifra moi afastada dos máis de mil cen que traballaban na factoría hai dúas décadas.

A intención da dirección co novo ERE é permitir que Vulcano gañe tempo para intentar fechar o contrato que negocia sobre o 'ferry'. O asteleiro leva tres anos á procura de comprador para un ferry a medio facer. O asteleiro leva cinco anos de práctica inactividade, con só pequenos traballos de caldeirería e a construción dunha rampa para o Porto de Vigo.

Implicación

A comezos de verán os sindicatos CIG, CCOO e UXT pediron a implicación activa dos poderes públicos para o naval de Vigo e facer fronte a unha situación que consideran “complicada”. Centrais como a CIG tamén propuxeron que a Xunta entrase nos consellos de administración daqueles estaleiros e factorías que, como Vulcano, recibiron apoios económicos da administración.

Comentarios