Os concursos de acredores disparáronse na Galiza un 42% en 2012

O número de empresas que se acollen ao concurso aumentan en todos os sectores. Segundo os datos tirados polo Consello Económico e Social en 2010, o 8% das empresas que fechaban no Estado español eran galegas.
Poligono industrial (Nós Diario)
photo_camera poligono

Os concursos de acredores aumentaron na Galiza por riba do 42% entre xaneiro e novembro, segundo os datos tirados polo informe de D&G, un incremento que se deu entre empresas de todos os sectores. Galiza mesmo supera a territorios como Catalunya ou Madrid en canto ao aumento porcentual de empresas nesta situación. Ao longo dos últimos once meses, en Galiza foron perto de medio milleiro os procesos de concursos de acredores que se produciron. 

Xa en outubro, outro estudo desenvolvido pola mesma consultora D&G advertía que no que ía de ano os concursos de acredores que se presentaran en Galiza foron 385, o que supuña un incremento do 49% en relación ao mesmo período de 2011, o que supón 20 puntos máis que a media do Estado español, onde o aumento fora do 28%.

Destrución de empresas e empregos

Entre 2008 e 2010 Galiza perdeu 4.500 empresas, na súa gran maioría pemes, segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE). Nese mesmo período, a destrución de emprego no noso país xerou que houbese perto de 70.000 novas persoas desempregadas. O Consello Económico e Social (CES) alertaba xa en 2010 que pola volta do 8% das empresas disoltas no conxunto do estado eran galegas.



Comentarios