Amancio Ortega vai ingresar este ano un total de 1.256 millóns de euros en concepto de dividendos de Inditex, a empresa que fundou e da que é primeiro accionista. O ano pasado recibiu por este mesmo concepto 1.108 millón s de euros. O consello de administración de Inditex proporá á xunta xeral o pagamento dun dividendo de 0,68 euros por acción.
Amancio Ortega é o primeiro accionista de Inditex, cunha participación de 59,294%, equivalente a un paquete de 1.848 millóns de accións. Pola súa banda, a súa filla Sandra Ortega, que posúe 5,053% desta xigante do téxtil, cobrará este ano máis de 107 millóns en dividendos de Inditex.
Ademais, Inditex afirma que distribuirá con cargo a 2016 máis de 535 millóns de euros entre todos os traballadores que integran o grupo, que se sumarán aos seus respectivos salarios.
Inditex logrou en 2016 un beneficio neto que superou os 3.000 millóns de euros, 10% máis. E as vendas situáronse por riba dos 23.000 millóns de euros. 12% máis.