sábado 18.01.2020

Alvedro baterá a final de ano o seu récord histórico de viaxeiros

O aeroporto coruñés de Alvedro quedou en novembro a só 15.000 pasaxeiros de bater o seu récord histórico, acadado en 2007.
Terminal do aeroporto coruñés de Alvedro. (AENA)
Terminal do aeroporto coruñés de Alvedro. (AENA)

O aeroporto coruñés de Alvedro estivo a piques de bater en novembro o seu récord histórico de pasaxeiros. Nestes once meses pasaron pola terminal herculina 1.249.825, una cifra que queda a tan só  15.000 persoas do récord absoluto da instalación, acadado en 2007.

Segundo os datos publicados esta terza feira por o xestor aeroportuario Aena correspondentes ao mes de novembro, a terminal santiaguesa de Lavacolla foi a que máis creceu con respecto ao mesmo período do ano anterior. O pasado mes, o aeroporto compostelán acolleu 201.069 viaxeiros, 6,9% máis, consolidándose ademais como a principal terminal da Galiza, con 2.694.025 pasaxeiros transportados desde xaneiro.

Pola terminal coruñesa de  Alvedro pasaron en novembro 106.003 persoas, o que representa unha suba de 2,1% en relación ao mesmo período de 2018. No acumulado do ano e a que máis crece das tres terminais galegas, cun incremento de pasaxeiros de 10,2%.

Peinador segue en caída

Un mes máis, a nota negativa ven do aeroporto vigués de Peinador. En novembro pasaron pola súa terminal 71.575 viaxeiros, o que supón un descenso de 16%. Entre xaneiro e novembro a cifra de persoas transportadas desde o aeroporto vigués foi de 944.699, 9,9% menos que no mesmo período do ano pasado. Con todo, de manterse a tendencia do último mes, Peinador logrará rematar o ano superando a barreira psicolóxica do millón de pasaxeiros.

Alvedro baterá a final de ano o seu récord histórico de viaxeiros
comentarios