Altos cargos da Xunta cobran un plus por “perda de poder adquisitivo”

Desde a CIG demandan a estes altos cargos que renuncien a este complemento, “legal pero inmoral”.

San Caetano, sé da Xunta
photo_camera San Caetano, sé da Xunta

A CIG vén de dirixirse a Consellaría de Facenda en relación ao complemento persoal que cobran “determinados altos cargos da Xunta de Galiza pola súa perda de poder adquisitivo”. A central nacionalista apunta a que gañan este plus “polo simple feito de cobrar menos como altos cargos que como no posto de funcionario que ocupaban antes”

A CIG reclama, neste escrito, que sexan facilitados os datos das persoas que están a cobrar este complemento na actualidade (apenas unha decena, segundo dixo onte a consellaría de Facenda) e demanda a estes altos cargos que renuncien a este plus, “legal pero inmoral, nunha época de recortes salariais para os empregados e empregadas pública da Administración Autonómica”.

Comentarios