Alemaña move ficha para escorrentar o afundimento do Deutsche Bank

A anunciada sanción de Estados Unidos á entidade xermana, de até 14.000 millóns de dólares, ispe un modelo bancario insostíbel e, ao tempo, as propias flaquezas do sistema bancario europeo. Poder político e económico alemán manobran para evitar un escenario de debacle para a súa entidade sistémica.

deutsche bank banco economia finanzas

O Deutsche Bank non é só un dos maiores bancos do mundo mais tamén o principal banco dunha das economías máis fortes. O apelido que acompaña o banco 'alemán' ratifica esa imaxe de institución financeira sistémica que lle vale como 'marca' no negocio. O DB era seguro, fiábel e poderoso, como Alemaña. De poder fiarte da fortaleza e seriedade dun banco, sería deste. Era a imaxe cultivada e propagada.

Mais a mediados de setembro anunciouse que o Departamento de Xustiza de Estados Unidos prevía impoñer unha sanción ao Deutsche Bank que podía chegar até os 14.000 millóns de dólares polo seu papel nas hipotecas-lixo na previa á crise de 2008. Foi coñecerse a noticia e caer o Banco en Bolsa máis dun 9%. Moitos comezaron ver que a entidade apostaba nun modelo bancario que non cadraba coa imaxe que gostaba de cultivar, un modelo de risco: subprimes, derivadas, maipulación das taxas de intereses... O propio FMI expresou os seus temores sobre o Deutsche Bank e un modelo de banco que non é sostíbel.

'Too big to fail'

Alemaña comeza a manobrar para que a sanción de EUA non sexa tal. A imaxe de 'too big to fail' do DB esváese. Quatar ule a oportunidade e qur facerse co 25% da entidade alemán. É entón cando o músculo da economía xermana, a industria, comeza a ver as orellas ao lobo. Markus Kerber, xerente da podersa BDI (Federación da Industria Alemá) afirma que “temos que protexer a nosa economía”. Directos de importantes empresas ( de BASF a Siemens) reúnense para apoiar o Deutsche Bank. Trtátase de inxectar unha mensaxe de confianza no banco mais, como recoñecen na prensa alemán, se fai falla poñer cartos, póñense. “A economía alemán ten un millón de millóns de euros no estranxeiro e temos que protexelos”.

Ao tempo, desde o 'Financial Times' sinálase ao Banco Central Europeo (BCE) como responsábel de dar un trato de favor ao Deustch Bank nos tests de estrés aos que se someteu á banca europea. O BCE négao, mais as acusacións aumentan a desconfianza cara ao sistema bancario europeo.

Modelo cuestionado

O FMI cuestiona a viabilidade dun terzo dos bancos europeos e do 20% dos estadounidenses. Estados Unidos inxectou durante a crise por volta de 700.000 millóns de euros na súa economía, boa parte deles para bancos, coa finalidade de evitar o seu colapso. A Europa do euro destinou unha cantidade semellante a resgatar o seu sistema financeiro, 770.000 millóns de euros, o 8% do seu PIB.

Após estes inxentes desembolsos, e as consecuencias que os mesmos tiveron nas sociedades deses estados, o Fondo Monetario Internacional (FMI) vén de afirmar que o 30% dos bancos europeos e o 20% dos estadounidenses non son viábeis. Afirma que case un de cada tres entidades financeiras en Europa van ser febles e “incapaces de xerar beneficios de forma sostíbel”. Acumulan uns 7,6 billóns de euros.

Na mesma situación estarían para o Fondo Monetario Internacional o 20 por cento dos bancos de Estados Unidos, que posúen uns activos valorados en 3,2 millóns de dólares, o que equival a uns 2,8 millóns de euros.

Comentarios