venres 10.07.2020

Alcoa recibiu nesta década máis de mil millóns de euros en axudas e subvencións

En 2019 recibiu 25 millóns por subvencións compensatorias do CO2 .

Unha máquina do proceso de electrolisis na fábrica de Alcoa en San Cibrao (Carlos Castro / Europa Press).
Unha máquina do proceso de electrolisis na fábrica de Alcoa en San Cibrao (Carlos Castro / Europa Press).

Mil millóns de euros nesta década. Ese é o importe que Alcoa recibiu no Estado español a través de axudas e subvencións indirectas, segundo informaba a finais de 2018 o Ministerio de Transición Ecolóxica.

Mais desde entón, esa liña de axudas continuou a medrar. En 2019 a multinacional americana obtivo 25 millóns por subvencións compensatorias, inxección de diñeiro que lle axudou a fechar o ano en positivo.

Alcoa pagaba o quilowatt en 2018 a 4 céntimos mentres que o resto da industria o pagaba a 9. 

O Goberno do PP deseñou un sistema de poxas de interrompibilidade para certas empresas que lle permitiu a Alcoa ter un prezo reducido. Para o Goberno español, estamos a falar de subvencións públicas mais para a multinacional a visión é outra e incidían en que pagaba a electricidade máis cara que as súas competidoras en Europa.
 

comentarios