A Airef empeora dúas décimas a súa previsión para o PIB da Galiza en 2023

A autoridade estima un superávit de 0,2% do PIB para o ano actual

O PIB mide o que mede de acordo co deseño feito en economías normalizadas, industrializadas e de raigame estatística fonda. (Foto: Europa Press).
photo_camera O PIB mide o que mede de acordo co deseño feito en economías normalizadas, industrializadas e de raigame estatística fonda. (Foto: Europa Press).

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF) prevé que a Galiza teña un superávit de 0,2% do PIB en 2023, aínda que empeora dúas décimas as previsións respecto ao informe de abril ao reducirse a previsión de ingresos.

As estimacións revisáronse cos datos de execución até a data, a información actualizada facilitada polo Ministerio de Facenda sobre o rexistro dos fondos Next Generation até 2022 e a proporcionada pola Xunta da Galiza. O país galego, pola súa banda, segue cunha previsión de alcanzar un déficit do 0,3%.

Así mesmo, a AIReF estima que o cociente débeda/PIB da Galiza situarase ao feche do exercicio en 16,3%, un punto menos de 17,4% en 2022.

A Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal revisa á baixa as previsións de ingresos a percibir por fondos europeos tradicionais e a recadación esperada polo Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITPAJD). En sentido contrario, aínda que con menos impacto, eleva os ingresos do REACT-EU, do Imposto sobre Sucesións e Doazóns (ISD) e as transferencias do Estado pola prórroga das axudas ao transporte.

Xunto a isto, estima que o emprego aumentará 6% en 2023 sobre o nivel de 2022, condicionado polo crecemento nos salarios, o efecto da inflación e a evolución esperada dos gastos financiados con fondos europeos.

Dado o contexto no que se enmarca actualmente a elaboración dos orzamentos para 2024, a AIReF recomenda a Galiza que evite incrementos de gastos ou reducións de ingresos de carácter estrutural financiadas con cargo ao incremento de ingresos temporal que se producirá en 2024, ademais de que teña en conta a aplicación da regra de gasto, aínda que supoña alcanzar temporalmente unha situación de superávit.

 

Comentarios