Adolfo Domínguez pretende o despedimento de 50 traballadoras e a redución de salarios nun 15%

Adolfo Domínguez propuxo ao comité de empresa a aplicación dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de extinción para 50 traballadores da súa sede central, ubicada en Ourense, o que supón aproximadamente o 2% do persoal laboral, incluíndo o persoal de tendas, informaron a axencias fontes da compañía.

Esta medida tería como oxbxectivo insistir na racionalización de custos que está aplicando a compañía para, xunto co plano de impulso do negocio, recuperar a liña de beneficios.

Adicionalmente, a empresa téxtil galega tamén propuxo ao comité de empresa a variabilización de 15% do salario do cadro de persoal,  ligándoo á obtención efectiva de lucros por parte da compañía, que rexistrou unhas perdas netas atribuídas de 9,26 millóns de euros no exercicio fiscal 2011-2012, pechado o pasado 29 de febreiro, o que supón duplicar os “números vermellos” contabilizados o ano anterior.

Comentarios