A Xunta aproba uns orzamentos retrotraídos ao 2005

O Consello da Xunta aprobou uns orzamentos para 2013 que non superarán os 8.400 millóns de euros, un 7 por cento menos que nas contas anteriores, e que os sitúan a capacidade de gasto a niveis de 2005. Os orzamentos, que esta sexta chegan ao Parlamento, foron aprobados nun Consello da Xunta realizado a escasos metros de onde centos de funcionari@s se manifestaban en defensa dos servizos públicos e contra os recortes
xunta
photo_camera xunta

O Consello da Xunta aproba uns orzamentos para 2013 que deixan a capacidade de gasto a niveis do que tiña en 2005. Unhas contas que son inferiores nun 7% ás do exercicio interior e que poñen o teito de gasto en 8.481 millóns de euros. Desde o goberno galego xa se puxo en marcha o mantra de que estas contas van "blindar os servizos públicos". Non opinan o mesmo os e as centas de funcionarias que á mesma hora que se reunía o Consello se manifestaban en defensa, precisamente, duns servizos públicos sometidos desde hai catro aos a tesoirada tras tesoirada. "A Xunta, recorta e privatiza" foi unha das palabras de orde. A mobilización estaba convocada polos diferentes sindicatos, entre eles CIG, CCOO e UGT.

Desde que Feijóo chegou á presidencia da Xunta, os orzamentos foron sufrindo recorte tras recorte.Feijóo calificou as contas de "realistas, que din a verdade, e rigurosos", así como de "prudentes" e "solventes". Os orzamentos autonómicos para 2013 prevén un retroceso da economía galega do -0,9% paraese ano, cunha taxa de paro do 21%. A Consellaría de Facenda estima que 2012 rematará cunha caída do PIB do -1,1%.

Feijóo tamén engadíu que  os e as traballadorasl da Xunta de Galiza que así  o desexen poderán cobrar a metade da paga extra de xullo (que pasará pola tesoira) coa nómina de xaneiro-

Reaccións

Desde o BNG, considérase que os orzamentos do ano 2013 supoñen “seguir cavando no pozo” con políticas de recortes cando “xa estamos no fondo”. O voceiro parlamentar, Francisco Jorquera, ironizou sobre o día de presentación dos orzamentos no Parlamento galego, (venres 28 de decembro), “hai que ser moi inocente para pensar que Galiza crecerá cos orzamentos de Feijoo”, ao mellor por iso o fai e elixe o día 28 para presentalos.

Para o PSOE, pola súa banda, as contas autonómicas esta encamiñadas a “dilapidar o estado do benestar e acrecentar o sufrimentos das familias”. Aliás, asegura que a Xunta “opta polo camiño mais sinxelo”. Os socialistas aludiron ao recurso do PP do mantra do déficit publico “pero renuncia a definir unha estratexia de incremento dos ingresos.”E proseguiu “Feijoo non quere facer a política fiscal que ten nas súas mans e fai inevitable a redución do gasto e a inversión publica”.

Comentarios