A quita para @s estafad@s polas preferentes de NCG será até do 55%

Farase efectiva probabelmente a partir da vindeira semana. Esta sexta feira o FROB dará a coñecer a súa decisión sobre a perda, que vai do 10 ao 55% para @s afectad@s polas participacións da entidade financeira galega
Manifestación de afectad@s polas preferentes
photo_camera Manifestación de afectad@s polas preferentes

Mentres @s estafad@s polo calote das preferentes e subordinadas intensifican as súas protestas e mobilizacións, sobre todo no sur do país, o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) ultima o seu veredicto sobre a quita que vai aplicar aos posuidores destas participacións nos bancos nacionalizados. O ministro de Economía, Montoro, afirmara hai uns días que a quita bailaría en torno o 40%.

Mais esa porcentaxe non vai ser igual en todas as entidades nin para todos os afectados. Dependerá dunha serie de factores, de se teñen subordinadas ou preferentes, data de emisión desas participacións...No que atinxe a NCG banco, a quita variaría entre un 10 e un 55%. Non obstante, esta decisión aínda non é firme. Haberá que agardar a esta sexta feira para coñecela.

Os posuidores de preferentes de Bankia poderán vender a parte que non lle rouben coa quita e obter cartos en efectivo. Os de NCG banco, non

Canxe

Esta sexta tamén se coñecerá por que será canxeada a parte da participación coa que quede o cliente. Darase a coñecer após o consello de ministros. Unha das opcións máis pausíbeis é o seu cambio por accións. Iso, no caso de NCG e Catalunya Banc. No que respecta a Bankia, esa parte que lle queda ao cliente pode vendela e obter cartos en efectivo

Comentarios