A patronal quere que os soldos d@s obreir@s se axusten ás necesidades da empresa

A CEOE emite unha circular en que recomenda que os salarios non suban máis do 0,6% ou incluso se conxelen ou baixen "de ser necesario". Difunde os criterios para afrontar a negociación colectiva

Desemprego construción
photo_camera Desemprego construción


A patronal recomenda ás empresas que os incrementos salariais pactados non superen o 0,6% nin en 2013 nin en 2014 e que estes fiquen conxelados ou se recorten de o consideraren necesario.

Así o recolle a circular emitida pola CEOE e a Cepyme onde se contempla a portentaxe sinalada coa advertencia de que "non quere dicir que haxa que alcanzar esta cifra" senón que "a maioría das empresas necesitarán unha conxelación salarial" en ambos exercicios ou incluso baixar os soldos d@s obreir@s.

A organización que preside Joan Rosell entende que as retribucións da clase traballadora deben evolucionar de acordo coa produtividade "ou incluso por debaixo" namentres a taxa de desemprego se manteña.

Na Galiza supera xa as 277.000 persoas, sen contabilizar @s denominad@s 'Denos': persoas que buscan o seu primeiro emprego, traballador@s beneficiari@s dun subsidio agrario ou aquel@s anotadas en cursos de formación dos servizos públicos de emprego. A inflación rexistrou unha suba do 2,75% interanual en febreiro, polo que un incremento do 0,6% suporía para @s obreir@s unha perda de poder adquisitivo de máis de dous puntos.

Comentarios