A Mariña non se fía de Alcoa

Mentres unhas 200 traballadoras da factoría de Alcoa de San Cibrao se preparan para participar nas mobilizacións previstas hoxe en Madrid en defensa da industria electrointensiva, crece a desconfianza entre a representación sindical sobre as intencións reais da multinacional estadounidense.
Manifestación en Viveiro a prol dunha solución en Alcoa (CIG)
photo_camera Manifestación en Viveiro a prol dunha solución en Alcoa (CIG)

Madrid acolle hoxe dúas mobilizacións en defensa da industria electrointensiva. A primeira delas terá lugar ás 11.30 horas diante do Ministerio de Transición Enerxética e terá continuade cunha concentración a partir das 13.15 horas diante do Congreso dos Deputados. As centrais sindicais organizadoras, UXT, CCOO e USO, demandan dos responsábeis políticos "un marco xurídico estábel en liña cos países da nosa contorna, de dentro e fóra da Unión Europea, como máxima garantía para facer competitiva a industria electrointensiva".

Os diversos actores comprometidos na industria electrointensiva dan por feito a aprobación inmediata do novo marco xurídico. O director xeral da Asociación de Empresarios de Gran Consumo de Enerxía (AEG), Fernando Soto, nunha entrevista concedida onte á Radio Galega asumiu "a inminente aprobación do novo Estatuto da Industria Electrointensiva tal e como xa existe noutros países", recoñeceu "os contactos mantidos nas últimas semanas co Executivo, que nos informou dos termos do mesmo" e amosou o seu optimismo "ante as posibilidades que se abriron coa proposta".

As traballadoras e os traballadores queren coñecer xa os termos do Estatuto da Industria Electrointensiva anunciado para os vindeiros días por diversos membros do Executivo do Estado. As declaracións nese sentido, na pasada segunda feira, da ministra de Traballo, Yolanda Díaz, e da ministra de Industria, Reyes Maroto, non abondan para a representación sindical de Alcoa, que lamenta "os retrasos do Goberno, que segue sen explicar os termos precisos do documento". A maiores, segundo indica a Nós Diario, precisan saber "se as condicións estabelecidas no mesmo lle valen a Alcoa".

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios