A hipoteca segue a perturbar o sono de 220.000 familias galegas.

O gasto medio por fogar en facer fronte á hipoteca ronda os 436 euros. Unhas 15.200 familias que posúen unha hipoteca teñen ingresos que non chegan aos 1.000 euros mensuais.

Preto de 220.000 fogares galegos teñen unha cita mensual co pago da hipoteca da súa vivenda principal. Supón case o 21 por cento dos fogares da Galiza . E o gasto medio mensual destas familias en facer frónte a ese concepto ronda os 436 euros (30 menos que en 2007). Todos estes datos, dispoñíbeis na web do Instituto Galego de Estadística (IGE), permiten albiscar até que punto a hipoteca, e más aínda nun contexto de crise cos seus efectos de desemprego e redución de salarios, segue a ser unha preocupación con que hai que convivir todos os meses.

O maior número de familias que afrontan unha hipoteca da vivenda principal está no tramo de ingresos que supera os 2.500 euros mensuais. Son 89.879 fogares, que destinan unha media de 508 euros todos os meses para ir pechando este gravame. Entre aquelas familias cuxos ingresos mensuais non chegan aos 1.000 euros, o gasto medio ao mes sitúase en 355 euros. Nesta categoría atópanse 15.200 fogares da Galiza.

Comentarios