As 5 empresas do mundo que máis beneficios obteñen e as 5 que posúen máis empregados

A corporación estadounidense de tendas Walmart lidera a listaxe en ingresos e empregados. Non así en beneficios, pois o liderato é cousa de Apple. Multinacionais financeiras e farmacéuticas copan os primeiros postos de firmas con máis beneficios en 2015.

walmart
photo_camera walmart

A listaxe Global 500 que elabora cada ano a revista Fortune é un completo repaso das principais empresas de capital aberto de todo o mundo, unha radiografía dos seus ingresos, beneficios ou número de empregados. Ese medio milleiro de firmas incluídas na clasificación empregan 28 millóns de persoas e beneficios que andan nos 840 mil millóns de dólares. Non pararon de aumentar durante a gran recesión.

Quen son as 5 principais firmas en beneficios?

Apple foi en 2015 a líder indiscutíbel, cuns beneficios que superaban os 49.670 millóns de euros. A multinacional estadounidense de deseño e produción de equipos electrónicos ocupa o liderato ascendendo desde o terceiro posto que ocupaba en 2014. Como segunda firma con maiores beneficios figura JP Morgan Chase, unha multinacional financeira, que en 2015 meteu no peto 22.720 millóns de euros en ganancias.

Berkshire Hataway é terceira, con 22.406 millóns de euros. Esta multinacional con sede central en Nebraska, adicada a seguros e investimentos, está controlada por Warren Buffet, o excéntrico millonario que hai uns anos, no máis cru da crise, afirmou que “a guerra de clases continúa existindo e vaina gañando a miña”.

Wells Fargo é outra multinacional estadounidense adicada ao sector bancario e de finanzas. Rexistrou o ano pasado uns beneficios de 21.298 millóns de euros. Mellorou sensibelmente os seus gaños pois en 2014 estaba de número 27 nesta clasificación.

Case 16.850 millóns de euros de beneficio foi os que logrou durante 2015 Gilead Sciencies. É unha bioframacéutica. Non lles soa? Pois é a empresa que comercializa o fármaco contra a hepatite C. Gilead Sciencies ten fortes conexións coa administración de EUA e está en mans dos principais fondos de investimentos globais.

En ingresos?

Walmart é lider en ingresos, revalidando así o posto que xa obstantaba en anos pasados. En 2015 rexistrou uns ingresos de 448.526 millóns de euros. A cadea de supercicies comerciais estadounidense está presente nunha trintena de países e non para de medrar. En segunda posición figura a petroleira Exxon, con 229.044 millóns de euros e o terceiro posto é para Apple, a multinacional líder en beneficios.

Berkshine Hathaway, a terceira con máis beneficos, figura aquí como a cuarta en ingresos, con máis de 195 mil millóns de euros. E no quinto posto, a farmacéutica McKesson, que rexistrou uns ingresos de 168.609 millóns.

As cinco principais en empregados

No ranking de 2015 a empresa líder en número de empregados é Walmart, con 2.300.000 traballadores en todo o mundo. Unha cifra que a sitúa como líder inconestatábel en canto a postos de traballo entre as empresas privadas. Porque no cómputo xeral, a empresa con maior número de empregados é o departamento de defensa dos Estados Unidos, con 3,2 millóns de traballadores. E a continuación figura o exército chinés, con 2,3 millóns.

Cal é a segunda empresa privada con mais empregados? Para Fortune 500 é Yum Brands, multinacional de comida rápida, marcas como Pizza Hut, KFC ou Taco Bell. Ten 505.000 asalariados. Kroger, cadea de supermercados de EUA, figura no terceiro posto, con 431.000 traballadores; e MacDonalds de cuarta, con 420.000. A lista dos cinco máis importantes nesta categoría féchaa IBM, con 411.798 traballadores.

Hai que ter presente que nesta categoría non entran empresas públicas. Firmas como a corporación eléctrica chinesa anda no millón de traballadores, e a empresa estatal chinesa de petróleo supera o millón e medio.

Comentarios