34 empresas marcharon da Galiza a outra comunidade no segundo trimestre

Un terzo das compañías cambiou a súa sede social a Madrid
madrid porta do sol

34 empresas marcharon da Galizano segundo trimestre deste ano —abril, maior e xuño—, segundo o informe que publicou Informa D&B, unha consultora especializada. Tres meses nos que o capital das sociedades que optaron por se ir do país para se asentar noutros territorios do Estado é case 55 millóns de euros superior ao das sociedades que viñeron domiciliarse na Galiza ao longo dese mesmo período.

No primeiro trimestre foran 31 as compañías que abandonaron a Galiza para mudar a súa sede social a outro territorio do Estado. Entre os meses de xaneiro e xuño, pois, foron 65 as sociedades que marcharon.

En 2022 abandonaron a Galiza para ter a súa sede social noutro territorio do Estado un total de 158 empresas, o que supón que cada semana tres sociedades decidiron mudar a súa sede a outra comunidade. Quen foi a comunidade beneficiaria desta marcha de empresas da Galiza? Madrid, onde foron recalar 70 desas 158 sociedades, o que supón 44% do total. 

A moita distancia séguelle Catalunya (aí foron 17) e Castela e León (13 empresas). En 2022 optaron por facer o camiño inverso, instalara a súa sede social na Galiza desde outro territorio 163 sociedades, cinco máis das que marcharon. Iso si, o saldo é negativo para a Galiza en canto a volume de negocio, pois a fenda entre o das empresas que marcharon da Galiza e das que viñeron é de -429 millóns de euros.

Negativo

­De feito, a Galiza é o cuarto territorio que peor resultado presentou en 2022 en canto a saldo negativo entre a facturación das sociedades que chegan e as que marchan.

Comentarios