ECONOMÍA

@s [email protected] galegos que investiron 70 millóns en NGB quedan sen patacón

@s [email protected] galegos que investiron 70 millóns en NGB quedan sen patacón

O ministro de Economía, Luis de Guindos, confirmou que o FROB vai ficar co 100% de Novagalicia Banco. A afirmación implica que tanto novacaixagalicia como o grupo de grandes empresarios que posuían investimentos (181 e 70 millóns, respectivamente) na entidade perderano todo
euros

Era previsíbel tras a taxación que o FROB fixo de Novagalicia Banco (-3.091 millóns de euros), mais o ministro de Guindos confirmouno apenas horas despois de darse a coñecer ese dato. O FROB vai ficar co 100% da entidade financeira. E iso supón que tanto novacaixagalicia como o grupo de empresarios que investiu en decembro pasado no banco respondendo así á chamada do presidente Núñez Feijóo perderano todo.

 No que atinxe a este segundo grupo, o [email protected] grandes [email protected], o sucedido víase vir. Polo menos por eles e elas propias, que en novembro xa fixeron varias manobras para tentar recuperar o investido, pola volta duns 70 millóns de euros. Foron unhas quince empresas (Rianxeira, Coren, Estrella Galicia, os donos de Azkar e os de Gadis,...) os que en decembro do ano pasado atenderon o convite do presidente do banco, Castellanos, e da Xunta, Núñez Feijóo, para inxectar capital galego na entidade. Daquela díxoselles que eran achegas e investimentos necesarios para manter a solvencia do banco e garantir que fose viábel e seguise ligado a Galiza.

Posuidores de preferentes, o saqueo

Mais en todo este asunto, quen realmente sofre un 'saqueo' son os e as posudioras de prerefentes e subordinadas. O ministro de Economía, Luis de Guindos, dixo na súa comparecencia no Congreso que recuperarán unicamente o 60% do que investiron e que terán que aceptar "canxear" o resto do diñeiro por accións "das entidades saneadas". Na Galiza, @s 45 mil [email protected] de Novagalicia Banco investirán mil millóns neste produto financeiro. O que supón que se lles rouba pola volta de 400 millóns.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios