"A dirección de NGB quer rebentar a negociación con provocacións permanentes aos traballadores"

Segundo os plans da empresa e do goberno, 2.500 persoas pasarán a engrosar as listas do desemprego desde Novagalicia Banco, que vén de anunciar un plan de despedimentos contra o que os sindicatos convocaron unha marcha para este sábado en compostela, ás 12.00 na alameda. as razóns explícaas Clodomiro Montero, Secretario Nacional da Federación de CIG-Banca.

Nunha entrevista asinada por Rodri Suárez, o secretario da CIG-Banca, Clodomiro Montero, aborda o Plan de Re-estruturación financeira que NGB pretende aprobar este 2013. Entre outras cuesitóns, a entidade financeira ten previsto destruír 2500 empregos "nun prazo de cinco anos", despedimentos, asegura Clodomiro Montero, "nos que ademais o Estado quere que se aplique a inxusta reforma laboral". 

Nesta conversa con Sermos Galiza, o sindicalista asegura que o Plan de Re-estruturación "supón unha auténtica fraude social" ao entender que "se obriga á sociedade a gastar 5.000 millóns de euros nunha entidade para que logo sexa privatizada", sentenza. 

(A entrevista completa no nº 30 de Sermos Galiza no teu quiosque ou libraría)

Comentarios