Xela Martínez gaña en Asturias e confirma a loita polo Europeo Sub-20

O atletismo galego leva catro metais no Sub-18 que decorreu en Xixón, Asturias.
A atleta Xela Martínez (Foto: FGA).
photo_camera A atleta Xela Martínez (Foto: FGA).

Novamente Xela Martínez. da Atlética Lucense, convertíase na abandeirada da expedición galega desprazada até Xixón, Asturias, para disputar o Campionato de España Sub-18 de atletismo.

A lucense non defraudou e, malia vir de pasar unha lesión, impúxose na distancia dos 3.000 m. cun rexistro de 9:52.39 e reafirmando as posibilidades de poder participar no Campionato Europeo Sub-20 que decorrerá en Xerusalem (Israel) no mes de agosto.

Outra atleta destacada foi Lara Iglesias (Atletismo Barbanza), que lograba con 48.37 m. o subcampionato emais con sensacións de poder estar na loita directa polo título.

Alicia Barreiro (Ría), por outra parte, reafirmaba o seu excelente ano cun subcampionato nos 400 m. conseguindo un rexistro de 56.30, perto da súa plusmarca galega.

Sobre a mesma distancia mais nos valos, Leo Rodríguez (Celta), nun extraordinario campionato, lograba nas semifinais o pase á final logo de conseguir un novo récord galego de 54.45. Xa na final volvía mellorar en máis dun segundo o tope nacional até deixalo en 53.19 que lle daba a medalla de prata e que o sitúan de segundo no ranking estatal do ano. 

Postos finalistas

Entre os postos finalistas, salientar a actuación de Pepe Sánchez (Atlética Lucense), quinto sobre os 2.000 obstáculos con 5:53.67 e Amparo Corredoira (Atlética Lucense), sexta nos 1.500 m. con 4:37.52.

Ademais, Natalia Rivas (Ría Ferrol) foi sexta nos 5.000 marcha con 24.30:04; Aixa Corbacho (Rías Baixas) tamén foi sexta en martelo con 54.34 m.; Sara Guedes (Atlética Lucense) sétima nos 2.000 obstáculos con 7:06.77; Daniel Salgueiro (A Coruña Comarca) oitavo nos 800 m. con 1:56.72 igual que Nicolás Collazo (Ames Atletismo) nos 10.000 marcha con 48:29.00. 

Comentarios