A velocidade volta ás estradas coa 48º edición da Subida a Chantada

A organización presentará esta cuarta feira a proba e confirma 74 pilotos participantes.
Javier Villa coa súa BRC BR53 (Foto: Escudaría Chantada)
photo_camera Javier Villa coa súa BRC BR53 (Foto: Escudaría Chantada)

O mundo do motor ten unha cita coa tradicional subida a Chantada que chegará esta fin de semana á súa 48º edición. Entre o 22 e o 24 de xullo as estradas dese municipio,

O Sabiñao e Monforte de Lemos, serán protagonistas desta proba, puntuábel para o campionato estatal de montaña, e na que coincidirán a maioría dos favoritos para a vitoria final. 

O evento, organizado pola Escudaría Chantada en colaboración con Murcia Sport Club, consta dun formato de tres mangas, tres adestramentos e tres oficiais.

O tramo deste ano, de 4,3 km, está situado na estrada LU-533, entre Chantada e O Saviñao e a LU-617 entre Monforte de Lemos e Belestar (Chantada). A organización anunciou que realizará hoxe a presentación oficial deste evento no Parque do Campo da Feira de Chantada.

Favoritos entre os participantes deste ano

A listaxe de coches rexistrados re suma un total de 74 pilotos, destacando entre eles a todos os seguidores do Campionato de España de Montaña. Así, na Categoría II non faltarán nesta cita o vencedor da pasada edición, e récord da proba, Javier Villa coa súa BRC BR53 e que actualmente lidera o certame, Gonzalo Díaz (BRC BR53) e Damián Verdera (Talex M2+) que son segundo e terceiro clasificado respectivamente.

Na Categoría III estarán Benito Pérez (BRC B49), que chega líder a Chantada, Mario Asenjo (Silver Car S3), que é segundo, e o terceiro posto, que o ocupa Javier Rodríguez (BRC B49). 

No correspondente a turismos (Categoría I) Gerard de la Casa (Ford Festa R5) coincidirá cos seus directos rivais como José Antonio López-Fombona (Audi RS5 DTM) e tamén con pilotos como Sergio Vallejo (GT3), Manolo Senra (Peugeot 306 Maxi) ou Jorge Pérez (GT3).

Comentarios