PREVIA ALCORCÓN-RÁCING DE FERROL

O Rácing quere seguir invicto

O seu rival, Alcorcón, chega moi motivado
Nacho Sánchez e Chuca causarán baixa por lesión. (Foto: LFP).
photo_camera Nacho Sánchez e Chuca causarán baixa por lesión. (Foto: LFP).

O soño continúa. O Rácing de Ferrol, terceiro clasificado da Segunda División e invicto tras tres xornadas, quere continuar instalado na nube na que leva subido desde que logrou regresar á categoría de prata logo de 15 anos de ausencia superando o difícil obstáculo que representa o Alcorcón (Santo Domingo, hoxe, 19.30 horas da tarde).

A escuadra madrileña tivo un inicio frouxo, caendo ante o Mirandés por 4-0 na primeira xornada e contra o Leganés (0-2) nun derbi na segunda. Non obstante, demostrou a pasada fin de semana vencendo por 0-2 en Zorrilla o Valladolid, un equipo que non ten outra meta que o ascenso a Primeira División, que pode vencer a calquera.

Ese resultado fai pensar que o seu técnico, Fran Fernández, repetirá o 11 que superou os de Ronaldo na súa casa (Ruíz, Morillas, Babin, Castro, López; Eteki, o galego Pedro Mosquera, Jacobo, Addai; Chiki e Koldo). 

Por parte do Rácing, as baixas de Nacho Sánchez e Chica trastornarán os plans dun Cristóbal Parralo que podería formar con Cantero; Brais, Clemente, Jon, Cubero; Señé, Bernal; Losada, Héber, Carlos Vicente e Sabin.

Comentarios