Publicados os nomes que defenderán a Irmandiña no Mundial de gaélico

A selección galega quere reverdecer vellos loureiros.
A selección feminina de fútbol gaélico na Estrada (Foto:AGFG).
photo_camera A selección feminina de fútbol gaélico, na Estrada. (Foto: AGFG)

Cada vez vai quedando menos tempo para o comezo do Mundial de fútbol gaélico, que nesta ocasión terá lugar na localidade irlandesa de Derry entre os días 24 e 27 do mes de xullo.

Alí congregaránse máis de 2.000 xogadores e xogadoras integradas en 100 equipos diferentes procedentes de 10 nacións distintas, entre as cales estará unha delegación galega conformada por preto de 60 persoas estruturadas en catro combinados que están dispostos a deixar ben alto o pavillón nacional na única modalidade deportiva na que a Galiza está autorizada a competir oficial e internacionalmente. 

Os dous principais serán o sénior feminino e o sénior masculino, dos que a Asociación Galega de Fútbol Gaélico fixo pública a convocatoria esta terza feira.

Na primeira, os seleccionadores Pablo Da Silva e Juan Larrascq elaboraron unha listaxe de 13 mulleres conformada por Silvia Álvarez, Iria Labandeira, Lucía Mella, Ánxela Estévez, Loreto Alonso, Alba Fontán, Vanesa Puente, Eva Lago, Leticia Zapata, Laura Nercellas, Carme Reboreda, Alba Rodríguez e Antonella Larrascq. 

Por parte dos homes, os técnicos Alexandre, 'Jano', Sanmartín e Alberto Méndez tamén chamaron 13 competidores: David De la Torre, Daniel Conde, Borja González, Adrián Ambrosio, Javier Cagiao, Pablo Bermejo, Daniel Santalla, Iago Couso, Santi Rodríguez, Adriano Quiroga, Ismael Pereira, Pablo Mascareñas e Adrián Rei.

Sorteo de PuntoGal

Para ampliar a base social do apoio á Irmandiña, a Asociación PuntoGal organizou un sorteo nas súas redes sociais que se estenderá até o 31 de xullo a través das súas redes en Twitter e Instagram e no que se repartirán dúas camisetas oficiais da selección galega de fútbol gaélico. 

Comentarios