O Obradoiro (e a súa afección) fan historia

O conxunto compostelán caeu ante o Real Madrid (58-74) mais ensinando os dentes. Fica fóra dos play-offs pero rubrica a súa mellor temporada e pode presumir dunha afección incomparábel

Obradoiro

Se un espectador que este domingo estivese no Multiusos de Sar mirase, ao final do partido, o marcador, vería claro que o Obradoiro foi o derrotado. Caeu ante o Madrid por 58-74. Mais se dirixise a mirada cara as bancadas, non tería dúbida algunha de que o Obra é gañador indiscutíbel. Díxoo ao final do encontro o adestrador picheleiro Moncho Fernández: “O premio para os xogadores non é xogar o play-off. É o apoio deste público”.

A derrota ante o Real Madrid (58-74) deste domingo súmase á da sexta feira en Madrid ante os merengues, e que deixa ao Obra fóra dos play-offs. Mais o acadado até agora nesta temporada xa é motivo de orgullo para un club que subiu hai menos de doce meses. E labrou unha fama de mataxigantes pois derrotou a equipos de renome e prestixio, facendo soñar a toda unha cidade e aos e ás afeccionadas de toda Galiza.

Comentarios