Jorge Basanta deixa o Viaxes Amarelle tras cinco anos na Primeira División

O técnico viveirense deixa o equipo na máxima categoría feminina.
Jorge Basanta, á esquerda (Foto; Viaxes Amarelle).
photo_camera Jorge Basanta, á esquerda (Foto; Viaxes Amarelle).

O técnico viveirense Jorge Basanta deixa o Viaxes Amarelle despois de cinco tempadas no club herculino. Chegaba á entidade en agosto de 2018, cun equipo ascendido por sorpresa á Primeira División estatal de fútbol sala Feminino, e afrontaba o reto de tratar de mantelo nesa categoría.

Con moi poucos cambios no persoal da anterior tempada na segunda categoría, o Viaxes Amarelle FSF pelexaría durante toda a tempada pola permanencia, mais no tramo final de tempada, non foi capaz de manter o ritmo nos enfrontamentos directos, e terminaba por descender.

A tempada 2019-2020, afrontábase co obxectivo de conseguir o ascenso nunha campaña que estaría marcada pola chegada da Covid-19. Suspendida a competición, a única carta quedou nun partido único que lle daría finalmente o pase. 

Na campaña 2020-2021, aínda marcada pola pandemia, a competición contaba con dous grupos de Primeira División, onde as herculinas finalizaban a competición con 26 puntos. O equipo pelexou contra todas as adversidades mais rematou ao final por volver a Segunda.

Na súa cuarta tempada, Basanta afronta un campionato de continuidade sumando vitoria tras vitoria, e conseguindo finalmente o desexado campionato de liga, a falta de catro xornadas para o final da competición regular. Con todo, remata por gañar o ascenso derrotando a La boca te lía Futsal. 

E nesta última quinta tempada, onde o Viaxes Amarelle apostaba por demostrar o traballo dos últimos anos cunha parte importante do mesmo persoal de anos anteriores, Basanta conseguía facer unha gran primeira volta e gañar a permanencia na segunda.

Comentarios