Fin de semana de vitorias para o deporte feminino

O Guardés fai historia ao alcanzar a primeira final europea do balonmán galego e o Baxi Ferrol volve á Liga Feminina de baloncesto.

O Baxi Ferrol é o equipo maís beneficiado desta liña (Foto: FEB).
photo_camera O Baxi Ferrol non fallou no Pavillón da Malata para certificar o título e o ascenso á máxima categoría (Foto: FEB).

Esta fin de semana o deporte feminino galego conseguiu dúas vitorias importantes. Por unha parte, o Atlético Guardés volveu derrotar por segunda vez ao Elxe, desta vez na Sangriña, conseguindo o pase ás semifinais da Copa Europea. Pola outra, o Baxi Ferrol gañaba na Malata ao Real Canoe polo que a tempada vindeira volvera estar na máxima categoría do baloncesto feminino.

As do Guardés, cun pavillón cheo, viviron os nervios propios dun choque destas características. As pupilas de Ana Seabra controlaron o partido malia o intercambio de goles que se viviu na primeira parte.

Estelar foi a actuación de Cris Cifuentes e o chegaron a estar con tres tantos de vantaxe. O Elxe respondeu e conseguiu pór emoción nun marcador que estivo en 11-10.

Xa na segunda parte, as galegas deron todo un exemplo de estratexia defensiva e rapidez no ataque para chegar ao 22-18 ao remate do encontro. Con esta vitoria, as miñotas estarán na final, a primeira de continental para o balonmán galego, que decorrerá a dobre cita o 29 de abril e o 6 de maio.

O Baxi outra vez na elite

Para o Baxi Ferrol tamén foi unha fin de semana redonda. Un ano despois de baixar de categoría, conseguiu selar a volta tras vencer na súa casa ao Real Canoe por 77-52.

O equipo de Lino López contou en todo momento cunha afección entregada na Malata que conseguiu, con máis de 2700 asistentes, o récord de asistencia da liga.

Tamén neste encontrou houbo moitos nervios con presión en toda a cancha por parte do equipo local. Porén, os triplos de Soriano e o bo traballo na zona comezoulles dando vantaxe.

As pupilas de José Luis Vicente remontaron tras un tempo morto coincidindo cos erros no rebote do equipo ferrolán. As intervencións de Féquière e Soriano foron vitais para manter a distancia até o descanso.

No segundo parcial continuou traballando a vitoria con Soriano, Féquière, Allen e Gómez como marcadoras para deixalo en 47-31. Foi no terceiro onde as distancias aumentaron até os 28 puntos que o equipo visitante tentou neutralizar.

Xa cara o remate, no último cuarto, as galegas víronse coa vitoria final, confirmando unha boa tempada cun merecido premio.

Comentarios