A adestradora galega Iria Uxía escacha cun teito de cristal no baloncesto

Outra muller da Galiza entra nos libros de historia.
A galega é a primeira muller en dirixir un partido na categoría de prata. (Foto: COB Ourense).
photo_camera A galega é a primeira muller en dirixir un partido na categoría de prata. (Foto: COB Ourense).

O partido entre COB Ourense e Hereda San Pablo Burgos non será recordado polo importante triunfo dos da Cidade das Burgas (95-91), moi necesitados de vitorias após destituír días antes o seu técnico, Guillermo Arenas, non.

Este choque pasará á historia por ser o primeiro dirixido por unha muller na LEB Ouro, a categoría de prata do baloncesto masculino a nivel estatal.

A encargada de derrubar outro teito de cristal foi a preparadora compostelá Iria Uxía, substituta -de momento interina- no cargo de Arenas.

Con experiencia en LEB Prata, a Liga EBA e a devandita LEB Ouro -aínda que en calidade de asistente-, tamén foi a primeira adestradora nos conxuntos alemáns ETB Miners e Rockets Gotha.

Agora, o tempo dirá se a directiva ourensá lle outorga o bastón de mando ou optará por outra persoa para o posto. 

Necesario triunfo

Con respecto ao partido, o Club Ourense Baloncesto recuperou a senda da vitoria após catro partidos ante 1.528 espectadores e espectadoras no Paco Paz.

Individualmente, Fahrudin foi o mellor cos seus 19 puntos, empatado con Zamora; seguiunos Pilepic con 13; Williams con 9 e Willet con 8.

Comentarios