Baloncesto

O Baxi de Ferrol organiza o sábado unha xornada festiva

A súa meta é recadar fondos para que a base poda participar na Mini Copa da Raíña de Baloncesto.
Os actos arrancan ás 13 horas do sábado na Malata. (Foto: Baxi Ferrol).
photo_camera Os actos arrancan ás 13 horas do sábado na Malata. (Foto: Baxi Ferrol).

Días de viño e rosas para o Baxi de FerrolLogo de fechar o pasado verán un histórico ascenso á máxima categoría,  a escuadra galega está completando unha tempada histórica na que actualmente ocupa a oitava posición -que comparte con outro equipo do país, Durán Maquinaria Ensino de Lugo- con nove triunfos, tras esmagar a pasada fin de semana o Araski por 72 a 53. 

Ademais, e contra todo prognóstico, logrou unha épica clasificación para a Copa da Raíña, da que disputará os cuartos de final o día 22 de marzo ante o Zaragoza a partir das 20.30 horas.

Para celebrar este gran momento, a directiva do club decidiu aproveitar o partido do próximo sábado, que disputará no Pavillón da Malata ás 19 horas contra o Spar de Girona -cuarto clasificado na Liga-, e organizar unha xornada de festa.

Deste modo, a partir das 13 horas, a afección que se achegue até os exteriores do recinto onde a escuadra ferrolá actúa como local terá ao seu dispor música ao vivo, bocadillos, merchandising e mesmo concursos de tiro, todo para "recadar cartos para costear a viaxe" das xogadoras da canteira para ser parte da Mini Copa da Raíña, que se disputará en Huelva paralelamente á competición sénior. 

Comentarios