Dezaoito tripulacións competirán este ano na Liga Galega de Traiñeiras

A tempada 2013 da Liga Galega de Traiñeiras contará con 18 embarcacións a competir nas súas dúas categorías, unha máis que no ano pasado
amegrove
photo_camera amegrove

A Liga Galega de Traiñeiras contará este ano con 18 tripulacións, unha máis que en 2012, que competirán nas súas dúas categorías: LGT-A e LGT-B. Malia baixa da trañeira de Robaleira, súmanse nesta tempada as embarcacións de Muros e Cabo de Cruz B, filial do clube crucense. Deste xeito, Cabo competirá con dúas tripulacións, unha mostra de forza que até o de agora era case exclusiva dos clubes gipuzkoanos. Xunto con este filiar, nesta LGT tomará parte a traiñeira de Muros, unha veterana que, non obstante, levaba anos sen competir ao non poder reunir un plantel tan completo como para afrontar unha tempada completa.

Amegrove, Chapela, Samertolmaeu, Cabo da Cruz, Vilaxoán, Mugardos, A Cabana, Mecos, Ares, Perillo, Puebla, Morrazo, Esteirana, Rianxo, Coruxo, Cesantes, Muros e Cabo 'B' serán as traiñeiras en competición nas augas galegas nesta tempada. 

A Liga de 2012 foi para Amegrove, un dos dous clubes que ten a vila arousá de O Grove. O outro é Mecos.

Comentarios