martes 22/09/20

AGE anima a CRTVG a retransmitir os partidos de fútbol gaélico

Através dunha pregunta formulada polo deputado Manuel Fajardo, a coligazón proporá que a corporación pública retransmita os encontros deste deporte en auxe. 

Selección galega de fútbol gaélico
Selección galega de fútbol gaélico

Galiza é punteira en fútbol gaélico. De feito, a selección nacional está recoñecida pola federación internacional e esta modalidade deportiva gaña cada vez máis [email protected] no noso país. Perante esta realidade, o deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Manuel Fajardo, preguntará a CRTVG no Parlamento pola posibilidade de retransmisión dos encontros que disputen as equipas galegas, através das canles públicas. 

O obxectivo desas emisións, sinala Fajardo, é "fomentar o interese por este deporte" que " enxalza unha serie de valores, esquecidos na práctica de outros deportes excesivamente profesionalizados e competitivos, como a fraternidade, igualdade, solidariedade". 

Aliás, lembra, O fútbol gaélico conta en Galicia dende a súa chegada no 2010 coa creación do primeiro equipo no país, (fillos de Breogán da Coruña), cunha importante implantación, e neste ano comeza a liga con máis de 14 equipos entre femininos e masculinos". 

Así pois, e co encontro amistoso que terá lugar o vindeiro 4 de outubro no Grove entre a selección galega e distintos combinados irlandeses, Manuel Fajardo propón que a CRTVG comece a retransmitir os partidos. 

comentarios