Ana Peleteiro e Adrián Ben volverán á acción o 22 de xullo en Madrid

Peleteiro buscará a mínima olímpica. (Foto: EP).
photo_camera Ana Peleteiro é, na actualidade, a grande abandeirada do deporte galego na modalidade de atletismo . (Foto: Europa Press).

A medallista olímpica Ana Peleteiro será a principal atracción do World Athletics Continental Tour Silver que se levará a cabo na localidade madrileña de Vallehermoso o 22 de xullo.

Sete meses despois de ser nai, a de Ribeira aparca a polémica que protagonizou fóra das pistas nas últimas datas a causa das súas opinións sobre a participación de atletas trans na categoría feminina para protagonizar un interesante duelo coa xamaiquina Kimberly Williams, tres veces medallista mundial en pista cuberta -prata en 2018, bronce en 2014 e 2022- e a catalana María Vicente, plusmarquista estatal de heptatlón.

O obxectivo de peleteiro é alcanzar os 14,52 metros, marca mínima que lle outorgará un boleto para ser da partida no Mundial de Atletismo ao aire libre de Budapest, tendo como data límite o 30 de xullo.

Desde o seu regreso logo de dar a luz, a bronce olímpica e recordwoman estatal de triplo salto chegou á cifra de 14,13 metros no Meeting de Castellón, voando unha semana despois até os 13,67 nos Xogos Europeos que se desenvolven en Polonia.

Con todo, o foco de interese da afección galega non está unicamente no foxo de salto, xa que o vixente campión de Europa de 800 metros en pista cuberta, Adrián Ben, tamén competirá no World Athletics.

En Madrid será o gran favorito a pesar de baterse con mediofondistas de calibre internacional, como o plusmarquista mexicano Jesús Tonatiu López, ou o neerlandés Tony van Diepen.

Un total de 45 galegas irán a polo Estatal Sub-23

26 mulleres e 19 homes da Galiza tomarán parte coas máximas aspiracións na nova edición do Campionato de España de Atletismo ao aire libre Sub-23, que ao longo dos días de hoxe e de maña se  levará a cabo nas pistas de Campclar, Tarragona.

Comentarios