Xesús Alonso Montero, Ana Luisa Amaral e Cronopios, galardoados nos premios Follas Novas do Libro Galego 2022

A sétima edición dos premios Follas Novas do Libro Galego decorrerá o vindeiro 7 de maio no Teatro Principal, e na gala daranse cita os 45 finalistas das 12 categorías estabelecidas.
Presentación dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2022. (Foto: Xoán Crespo)
photo_camera Presentación dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2022. (Foto: Xoán Crespo)

Os premios Follas Novas do Libro Galego de 2022 galardoarán as traxectorias de Xesús Alonso Montero, Ana Luisa Amaral e a Libraría Cronopios. Ademais, concederanse os premios ás 12 obras gañadoras das diferentes categorías.

No acto de presentación, celebrado no Teatro Principal de Santiago de Compostela, participaron os representantes das tres entidades organizadoras: o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en  Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez; o presidente da Asociación  Galega de Editoras (AGE), Henrique Alvarellos, e o presidente da Federación de Librerías de Galicia, Ramón Domínguez.

Tamén acudiu á rolda de prensa o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que valorou o "impulso" que, segundo el, recibiu o sector do libro por parte da Xunta.

A sétima edición dos premios Follas Novas do Libro Galego decorrerá o vindeiro 7 de maio no Teatro Principal, e na gala daranse cita os 45 finalistas das 12 categorías estabelecidas.

Premios á traxectoria profesional

O presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, foi o encargado de confirmar os gañadores dos premios á traxectoria profesional.

En primeiro lugar, a premiada pola AELG co premio Universal será a poetisa  portugesa Ana Luísa Amaral.

A Asociación Galega de Escritores (AGE) decidiu condecorar a traxectoria de Xesús Alonso Montero, por ser un dos "piares da investigación e do sistema literario", como explicou o presidente de AGE, Henrique Alvarellos.

Por último, a Federación de Librarías da Galiza é a Libraría  Cronopios, fundada por Mercedes Corbillón que, segundo Ramón Domínguez, destaca pola súa "exemplaridade" no sector.

Comentarios