QUE FACER?

Xabier Días, Sés e o tributo a Rosalía, na fin de semana máis musical

A Gala Rosalía de Castro esta sexta feira (20 h, Teatro Colón da Coruña) é o pórtico dunha fin de semana en que Xabier Díaz e Sés apresentan -en concertos sábado e domingo- os seus últimos traballos.

Abe Rábade
photo_camera Abe Rábade tocará esta sexta feira na Gala Rosalía de Castro

Gala Rosalía de Castro 

A Coruña

Teatro Colón 

Sexta feira

20.30h

Con artistas como Abe Rábade, Natasia Zürcher, Najla Shami, Uxía, Sérgio Tannus, Santi Cribeiro, Xiana Lastra e moito máis.

A Gallaecia das Cantigas 

Vigo 

Café de Catro a Catro

Sexta feira

19.30h

Acto cultural arredor da Gallaecia das Cantigas. Contarán coa actuación do Grupo de Música Medieval Pres de Cambrai, a través da interpretación e comentario das cantigas de Martín Códax, do Manuscrito Vindel, con instrumentos da época; coa palestra a cargo de José Antonio Souto Cabo, sobre “A Gallaecia na que naceron as cantigas”, e cun coloquio final.

 

Elisa e Marcela

Carballo

Pazo da Cultura

Sexta feira

21.00h

A Panadaría abre unha nova edición dos Venres Culturais, cunha historia de amor a contratempo e dúas mulleres que casan na Igrexa de San Xurxo da Coruña.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Vigo e Compostela

Auditorio Mar de Vigo

Sábado e Domingo

21.00 e 19.30 horas.

Concerto presentación de Noró (Algunhas músicas do norte) Músicas de Salitre 2018, o novo traballo de Xabier Díaz partillado coas Adufeiras de Salitre.

Sés

A Coruña

Teatro Colón

Domingo

19.00h

SES, de novo ‘on tour’ con Readmirando a condición, un traballo no que fai unha revisión do seu disco de debut. Tamén actuará o sábado, día 24, ás 20h30, concerto para o que xa non fican billetes.

Convergências Portugal-Galiza

Braga/ Padrón/ Compostela

Até 25 de febreiro

A IV Semana Convergências Portugal-Galiza decorre por vez primeiranas cidades de Braga, Padrón e Compostela, con homenaxes a Rosalía e José Afonso a través da música, libros, poesía, tertulias e teatro. A Semana poñerá o broche de ouro no Teatro Principal de Compostela, o 25 de febreiro ás 12.00h, nunha gala da man de Uxía, a Banda Municipal e Canto D'Aqui.

Castelao ilustrador

Lugo

Biblioteca Pública de Lugo

Até 28 de febreiro

A exposición achéganos ao Castelao ilustrador, co gallo do Día da Ilustración e tamén do aniversario do nacemento dun dos máis célebres ilustradores. 

Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza

Carballo

Fórum Carballo

Até 7 de marzo

A mostra achéganos a diferentes aspectos relacionados coa problemática das especies invasoras: ecosistemas afectados, especies máis comúns,ou solución para facer atallar o problema.

Comentarios