CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Volvendo a escoitar... Stay Hungry, de Twisted Sister

O 10 de maio de 1984 vía a luz Stay Hungry, o terceiro disco dos neoiorquinos Twisted Sister.  Con máis de 3 millóns de discos vendidos nos EUA, foi o maior éxito da banda e o que lle deu fama mundial grazas a melodías sinxelas e á gran capacidade vocal de Dee Snider.

TwistedSisterColor

Stay Hungry é algo máis que un disco, é unha colección de himnos atemporais que seguen a soar a día de hoxe polo mundo adiante.  Só con dicir que dos 9 temas que compuñan o disco foro extraídos 5 singles, dá unha idea da súa calidade.  “We're not gonna take it", foi o primeiro deles e a día de hoxe bandas de todo o mundo seguen a facer versións da mesma. “I wanna rock”,  ademais de ser o segundo single, converteuse no “berro de guerra” e símbolo de rebeldía para moitos de nós. “The Price”, a power ballad do disco, foi o terceiro single e amosou a face sensíbel da banda. Mais o cuarto single, “Burn in Hell”, volvía a ritmo frenético do metal e foi incluída no filme A gran aventura de Pee Wee de Tim Burton, que ademáis da música tamén levou á banda ao celuloide. Finalmente “S.M.F.”, o tema que fecha o disco foi elixido como quinto single aínda que o tema que abre o disco “Stay Hungry” é bastante mellor.

Pasaron 30 anos, e Stay Hungry é un dos discos que sigo a levar no meu coche.

Co gallo do 20 aniversario, a banda regravou de novo todos os temas e engadiu 7 inéditos e publicounos baixo o título de “Still Hungry”. A idea non era mala, pero certamente cando algo é bon, mellor non refacelo se non é para melloralo e este non foi o caso. Caso distinto foi a edición do 25 aniversario que era unha caixa de luxo con material inédito das gravacións, versións alternativas e moito material e un DVD do concerto de 1984 en San Bernardido. Un complemento ideal á edición orixinal.

Pasaron 30 anos, e Stay Hungry é un dos discos que sigo a levar no meu coche. E o feito de que a xente que o escoita, sexan roqueiros ou non, lle guste é un claro indicador que que é un momento para volver a escoitar de novo este disco e se tes a oportunidade, de ver a banda en directo. Só unha cousa máis... I Wanna Rock!


Vídeo: We're not gonna take it

Listaxe de Temas
1. "Stay Hungry"
2. "We're Not Gonna Take It" 
3. "Burn in Hell" 
4. "Horror-Teria: The Beginning" 
1. "Captain Howdy" 
2. "Street Justice" 
5. "I Wanna Rock" 
6. "The Price" 
7. "Don't Let Me Down" 
8. "The Beast" 
9. "S.M.F." 

Twisted Sister na rede

Web: http://www.twistedsister.com
Facebook: https://www.facebook.com/pages/Twisted-Sister
Twitter: @TwistedSisterNY

Comentarios