Vilaxoán a rebentar este fin de semana co programa de luxo de Revenidas

Celebran o seu décimo aniversario e botan a casa pola fiestra. Un fin de semana de luxo no Festival Revenidas de Vilaxoán con Narf, Muguruza, Diplomáticos, Ruxe Ruxe, Zënzar, Ulträqäns e moita máis música e actividades. 

Homenaxe ás traballadoras de Cuca en Revenidas
photo_camera Homenaxe ás traballadoras de Cuca en Revenidas

A asociación A Repichoca está de conmemoración do décimo aniversario do seu festival Revenidas e, con ese motivo, artellaron un fin de semana completo que reventará Vilaxoán con festa e música a todas horas. O programa máis potente dos seus dez anos ten nos concertos o seu prato forte mais tamén no convívio, a acampada de balde, as actividades populares e o encontro festeiro nun fin de semana que promete non ter parada. 

Formada pola propia veciñanza de Vilaxoán, a Repichoca  ponse á fronte do popular festival, unha cita que cobra forza cada ano no calendario festivaleiro e que, desta volta, é  de obrigada asistencia á quen quere sentir ao vivo a música en galego.  As bandas galegas Fura Fura, Ulträqäns, Zënzar, Ruxe Ruxe, Najla Shami e Arrhythmia canda os valencianos Orbrint Pas compoñen o programa dos concertos de noite desta sexta feira. Na sesión do xoves, o Revenidas homenaxeou ás traballadoras da conserveira Cuca. 

Muguruza e Os Diplomáticos

O xa clásico do Revenidas, a sardiñada popular, terá lugar o sábado nos arredores do parque e a organización agarda que milleiros de persoas se acheguen a esta xornada que busca  tamén contribuír de maneira comunitaria ao financiamento do festival. Non será tampouco sen música e diversión xa que para a sesión está prevista a actuacón de os Terribles de Arousa e Trópico de Grelos ademais de contacontos, teatro, pallasos e maxia. Pola tarde Circo Chosco, Kanbahiota, Mentaline, Mago Teto, Madre Merino e Peter Punk participarán na gala solidaria co Sáhara xunto co concerto de Narf.

Xa na noite Fermín Muguruza e Zuloak, e dos galegos Os Diplomáticos de Monte Alto, A Compañía do Ruido, O Caimán de Río Tea e Martelo protagonizarán outra xornada para non esquecer deste décimo aniversario de Revenidas. 

Comentarios