Que facer?

O teatro, grande protagonista da fin de semana

berrobambán
photo_camera Un momento do espectáculo escrito por Paula Carballeira e dirixido por Chiqui Pereira

Presentación de Iridium, de Francisco Castro

San Sadurniño

Casa da Xuventude

Sexta feira

20.00h

A casa da Xuventude de San Sadurniño acolle esta sexta feira 25 de xaneiro, a partir das 20h, a presentación de Iridium, a última novela do escritor e director da Editorial Galaxia, Francisco Castro. Acompañarán o autor na presentación Ana Carballo, orientadora laboral da COGAMI, e a concelleira de Igualdade Ana Breixo. Parte dos dereitos de autor do libro destínanse á Fegadace –Federación Galega de Dano Cerebral– e á asociación Alento, que traballa neste mesmo ámbito.

 

Doppelgänger, o dobre que camiña

Compostela

Salón Teatro

Sexta feira e sábado

20.30h

Agardada estrea teatral de Berrobambán, con texto de Paula Carballeira e dirección de Chiqui Pereira. A obra, baixo a aparencia dun proceso de ensaio, narra a historia de dous irmáns que loitan en bandos contrarios.

 

Luís Seoane e as Artes Galegas

Pontevedra

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Sexta feira

18.00h

Polo Correo do Vento propón para crianzas a partir dos tres anos unha sesión de contos e obradoiro de debuxos para lembrar a figura de Luís Seoane no Día das Artes Galegas.

 

FëLiiC:Feira de Edición e Libro Ilustrado

Compostela

Sede Afundación

Sábado

A partir das 11.00h

Un programa variado que nos achega a Feira de Edición e Libro Ilustrado para dar a coñecer e valorar o traballo das nosas ilustradoras e ilustradores.

 

A leituga

Muros

Centro cultural e xuvenil

Sábado

21.30h

A compañía Eme2 emoción&arte mostra neste espectáculo teatral un conflito familiar en clave de humor e coa morte como pano de fondo.

 

Vamos polo Primário!

Ferrol

FundaçomArtábria

Domingo

12.30h

Coa vontade de botar a andar Primário na Comarca de Trasancos, organízase esta sesión vermú animada coa música dos Paranoias, Mentah e Os Novos.

 

Domingos do Principal: Pavillón Lino

Pontevedra

Teatro Principal

Domingo

12.00h / 18.30h

Caramuxo Teatro presenta a comedia de máscaras “Pavillón Lino”, dentro do ciclo Domingos do Principal. Recomendado para crianzas a partir de 5 anos.

 

Teatro dos Ghazafelhos e a historia de "Rubicundo"

Carballo

Auditorio Pazo da Cultura

Domingo

18.00h

Arrincan os domingos culturais en Carballo, con teatro para toda a familia, coa posta en escena de Rubicundo, un conto da escritora ceense María Canosa, da man da compañía Teatro dos Ghazafelhos.

 

Exposición de caricaturas de Siro López sobre a Transición

Carballo

Pazo da Cultura

Até 3.02.2019

Xa está dispoñíbel a mostra de caricaturas do pintor, escritor e caricaturista Siro López sobre o 40 aniversario da Constitución, patrocinada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña. A exposición, aberta até o 3 de febreiro de 2019 no Pazo da Cultura de Carballo, está composta por 117 debuxos e textos explicativos e pretende retratar eses anos da chamada transición democrática.

Comentarios